Skip to main content

Biblioteca Provincial de Lugo: 18.190 usuarios en setembro de 2006

Deles, 4.009 utilizaron o servicio de publicacións periódicas oficiais; 2.277
accederon á Hemeroteca; 1.952 á Sala de Referencia (Grandes obras, non prestables); 4.127 á Sala de Préstamo de Adultos; 34 á Sala de medios audiovisuais; 1.825 á Sala Infantil-Xuvenil, 910 efectuaron consultas sobre administración e funcionamento do centro e 3.056 utilizaron o acceso gratuíto a internet (2.854 adultos e 202 nenos/as).

9.064 obras foron solicitadas en préstamo, das que 2.909 corresponderon a préstamo en sala e 6.155 a préstamo a domicilio.

En canto a préstamo en Sala, 1.170 corresponderon á Hemeroteca, 208 á Sala de Referencia (123 en castelán e 85 en galego), e 1.513 á Sala Infantil-Xuvenil (1.015 en castelán e 498 en galego).

Con respecto ás obras retiradas en préstamo a domicilio, 4.574 corresponderon á Sala de Préstamo-Adultos, máis 391 renovacións; e 1.166 á Sala Infantil-Xuvenil máis 24 renovacións.

Titulos máis solicitados por orde de preferencia:

Fondo Bibliográfico en galego

1.- O REINO MEDIEVAL DE GALICIA (Anselmo López Carreira)
2.- OLLOS DE AUGA (Domingo Villar)
3.- O LAPIS DO CARPINTEIRO (Manuel Rivas)
4.- CONTOS DE RATIÑOS (Arnold Lobel)
5.- O NENO PERDIDO (Xelís de Toro)

Fondo Bibliográfico Adultos

1.- LOS VENGADORES (Julie Kaevert)
2.- ALICE 19th (Yuu Watase)
3.- EL PROYECTO ÁNFORA (William Kotzinkle)
4.- BLACK JACK (Osamu Tezuka)
5.- JUAN SOLO (Alejandro Jodorowsky)

Fondo Bibliográfico Infantil

1.- UN PASEO BAJO EL MAR (Giles Andreae)
2.- ELLIOT TOMCLYDE (Joaquín Londáiz Montiel)
3.- EL BOSQUE DE LOS PIGMEOS (Isabel Allende)
4.- PELIGRO EN EL MAR( Begoña Ibarrola)
5.- EN BUSCA DE UN SUEÑO (Cindy Jefferies).
Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia