Skip to main content

Xornada convivencia e formación para profesorado de relixión

O lugar de celebración Será o Restaurante A Palloza, a partir das dez e media da mañá. Contarán coa presencia de D. Modesto Romero Cid, Director do Secretariado da Comisión Episcopal de Ensino da Conferencia Episcopal Española.
A orde do día será a seguinte:
10:30.-Saúdo . Oración.
11:00.- Ponencia: Principios básicos de ERE (Ensino Relixioso Escolar) e a súa presencia no currículo.
12:15.-Descanso.
12:45.-Diálogo sobre temas actuais do ensino. Informacións da Vicaría de Ensino.
14:00.- Xantar.

Estes actos están organizados pola Vicaría de Ensino da Diocese de Lugo, dependente de Luis Manuel Rodríguez Pérez.
Visite tamén: www.igrexa.org/lugo
Oficina de Prensa - Bispado de Lugo