Skip to main content

Fallo do xurado do VI Concurso de Ornamentación da Ronda Interior da Muralla Romana de Lugo

En Lugo, na Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, o vintedous de novembro de 2006, reúnese o xurado do VI CONCURSO DE ORNAMENTACIÓN DA RONDA INTERIOR DA MURALLA ROMANA, convocado pola Asociación de Amigos da Muralla de Lugo, formado por:

-        D. XOÁN XOSÉ MOLINA VÁZQUEZ, Delegado Provincial de Cultura e Deportes.
-        D. MANUEL GULÍN RODRÍGUEZ, Xefe do Servizo do Patrimonio Cultural desta Delegación Provincial.
-        D. ALFREDO SÁNCHEZ CARRO, Presidente da Asociación de Amigos da Muralla.
-        D. JORGE CHAO LOPEZ, directivo da Asociación de Amigos da Muralla.
-        D. XULIO GIZ RAMIL, sen voz nen voto, que actúa como Secretario do Xurado.

Examinadas as candidaturas presentadas a este premio, patrocinado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e visitadas as realizacións candidatas, acordaron por unanimidade concede-los seguintes premios:

1º Premio, dotado con 3.005 € e diploma, a Dª TELVA GALÁN ÁLVAREZ, polo ornato do espazo contiguo á Muralla en San Froilán, 8.

2º Premio, dotado con 1.803 € e diploma, a D. JESUS MARÍA CABO GOMEZ, polo ornato de espazo inmediato á Muralla, en Praza do Ferrol, 14.

O terceiro premio declárase deserto.

Entre as candidaturas non premiadas, o Xurado quere facer constar o mérito da do Pazo de Orbán e Sangro, na recuperación da Fonte da Pinguela, se ben se considera que non pode ser premiada ó non estar rematadas as obras.

E para que conste, exténdese a presente acta, que asinan de conformidade.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia