Skip to main content

O CSD celebrou en Santiago a súa reunión anual cos directores xerais de deportes de todas as comunidades

O Consello Superior de Deportes celebrou en Santiago de Compostela unha xuntanza anual cos directores xerais de Deporte das comunidades autónomas. Foi unha sesión de traballo na que se presentou a proposta do Consejo Superior de Deportes acerca do Libro Blanco do Deporte Escolar.

O equipo de Jaime Lissavetzky abordou durante esta tarde as pautas polas que debe adaptarse o Deporte Escolar á realidade deportiva de cada Comunidade Autónoma. O Consejo Superior de Deportes organiza cada ano unha reunión cos directores xerais das distintas autonomías, e este ano Galiza, Santiago, foi a anfitrioa.

O presidente do CSD tamén presentou nesta xornada un borrador para regular o exercicio profesional da actividade físico-deportiva, sobre o que se traballará para poder implantar nun futuro un proxecto de lei.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia