Skip to main content

Adolfo Reymóndez, presidente de Cidadáns de Galicia, presenta ao seu candidato por Melide, Javier López López

Na presentación de Cidadáns de Galicia, Adolfo Domínguez estivo arroupado por máis de 300 persoas entre amigos, simpatizantes do partido e representantes das esferas social e cultural de Galicia. No seu discurso inaugural explicou o nacemento do seu partido e as causas principais que o levaron a crear este novo movemento político en Galicia.

Fragmentos máis importantes da súa intervención:

Fragmento 1: Nacemento de Cidadáns de Galicia

“(...) Cidadáns de Galicia nace como resposta á crise dos incendios forestais do pasado mes de agosto. Unha crise que foi mal xestionada por parte do actual goberno, que improvisou e tardou en pedir axuda. Foron realmente os alcaldes de Galicia, independentemente do seu signo político, os que máis traballaron por mor de solucionar esta crise. Por este motivo, D. Aldolfo Domínguez fixo nesta presentación un sentido recoñecemento público aos alcaldes de todos os concellos galegos que estiveron, durante eses duros momentos, a carón dos seus veciños.
E foi precisamente esta impotencia ante esta situación de crise a que fixo que Cidadáns de Galicia se posicionase. Unha situación que dou lugar a imaxes moi impactantes de Galicia que deron a volta ao mundo e que crearon a imaxe dunha Galicia do século pasado, envolta en lume.

A partires destes feitos comezou unha dinámica no goberno que amenazaba a convivencia parlamentaria. Galicia dou entón a imaxe dunha Galicia queimada, tanto a nivel parlamentario como político. Esto traduciuse nun descenso do turismo dun 6%, e nas cancelacións producidas no sector do turismo rural.

O Goberno pretende, entón, desviar a atención dos galegos tentando sacar un Estatuto de Autonomía que, segundo as estatísticas, interesa a 1 de cada 10 galegos.

Agora os galegos atopámonos con que debemos decidir se Galicia é unha Nación si ou non. Galicia é unha Comunidade Histórica, así de sinxelo. O que realmente importa é que teñamos unha boa financiación. Esto lévanos a facernos a pregunta se era ese o momento de sacar o Estatuto de Autonomía. Cremos que non era o mellor momento porque se trataba dun momento moi complicado políticamente (...)”.

Fragmento 2: Temas prioritarios para Cidadáns de Galicia
“(...) Cidadáns de Galicia interésanlle os temas que realmente preocupan aos galegos como son:

- vivenda: dificultades para a xuventude á hora de atopar vivenda, aumento dos xuros, falta de chan urbanizable, desinformación por parte da Administración sobre os Plans Xerais, falta de recursos e medios nos pobos, a corrupción, ...
- traballo: aumento no último mes do paro en Galicia, empregos precarios (o 27% dos soldos galegos non chegan ao SMI), o soldo dos galegos está tamén 7 puntos por debaixo da media estatal, descenso da obra pública en Galicia (polo que baixaron un 20% os ingresos da construcción nun sector qu emprega a máis de 13.000 persoas), ...
- educación: aumento da violencia nos institutos, o emprego da lingua no ensino (cremos que non se pode facer unha bandeira da lingua, xa que ten que haber unha tolerancia total coas dúas linguas), diminución dos campus universitarios en Galicia, carreiras que xa non ofertan matrícula, ...
- sanidade: busca doutras formas de xestión, a marcha tanto do Secretario Xeral do Sergas e o Director Xeral da Asistencia Sanitaria (cesados recentemente), as listas de espera de atención primaria en varios centros, citas para atención especializada para o ano 2008, o 35% dos médicos de atención primaria que están en Portugal son galegos e outros atópanse no Reino Unido, Suecia, Francia ou Alemaña. Un dato suliñable é que os 25 municipios da área de compostela teñen un ratio de 1225 cidadáns por médico. Os sustitutos teñen contratos precarios
- terceira idade: falta de prazas nos centros públicos, os centros privados son moi caros (un dato relevante é que na comarca de compostela, formada por 25 municipios, ofértase unha praza por cada 52 maiores, nunha comunidade que conta coa poboación moi envellecida), ...
- infraestruturas viarias: prolongación da autovía do cantábrico a Galicia, autovías internas que unan as 7 grandes cidades galegas, mellora das vías secundarias que interconectan as vías e comarcas e que contan cunha alta sinistralidade
- infraestruturas ferroviarias: a licitación dos tramos do AVE estase a facer dunha maneira moi lenta, cremos que as 7 grandes cidades galegas deberían estar conectadas co exterior a través do ferrocarril
- cesta da compra: subida da cesta da compra nun 2,6%, ademais da suba da roupa, calzado e o recibo da luz, ... (...)”

Fragmento 3: Obxectivos ideolóxicos
“(...)Cidadáns de Galicia quere desterrar de Galicia as imaxes da emigración, a morriña, o loito e o lume. Quere que a imaxe de Galicia sexa unha imaxe verde, dinámica, aberta ao mundo, como o seu propio logotipo indica, aberto cara o exterior. Queren dar a Galicia un maior pulo económico e social para convertila nunha Galicia do I+D, nunha Galicia chea de vida e non nunha Galicia dependente.

Cidadáns de Galicia, baixo o eslógan “Co orgullo de ser Galegos” quere reavivar o orgullo e o compromiso de ser Galegos, que os homes e mulleres de Galicia se impliquen neste proxecto tan apaixoante aportando cadaquén as súas ideas e unindo vontades dende unha perspectiva política, centrista e galeguista.

Cidadáns de Galicia arranca en Melide, no cerne de Galicia. Cidadáns de Galicia non quere unha Revolución Irmandiña, quere unha Revolución da palabra, do diálogo e a tolerancia (...)”

Tralo seu discurso, Adolfo Reymóndez presentou o seu candidato por Melide nas vindeiras eleccións municipais, Javier López López.

Javier López López, de 36 anos, é natural de Melide. Enxeñeiro técnico agrícola de profesión, é unha persoa comprometida cos problemas de Melide e da sociedade. Javier López foi Secretario da Asociación de Empresarios de Melide e tamén participou na Plataforma pola Autovía de Melide.

Adolfo Reymóndez tamén aproveitou o seu discurso para anunciar a próxima apertura dunha sede en Melide e outra en Santiago de Compostela, previstas para o vindeiro día 26 de xaneiro.
Adolfo Reymóndez Collazo (presidente de Cidadáns de Galicia)