Skip to main content

As mariscadoras da Coruña inician a rexeneración da ría do Burgo

As mariscadoras da Coruña inician o luns os traballos para a recuperación da produción marisqueira na Ría do Burgo tras o acordo acadado coa Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, polo que percibirán 82 euros por día de traballo.

Tanto as mariscadoras como os representantes do departamento que dirixe
Carmen Gallego estiveron dacordo na necesidade de elaborar un plan de
rexeneración destos bancos marisqueiros e manter uns niveis de vixilancia
e protección adecuados para preservar os recursos dos bancos nos que
traballan. Este plan, que terá carácter anual e que dará comenzo o
vindeiro luns, inclúe tres tipos de actividades: o acondicionamento e a
rexeneración dos bancos, actividades de vixilancia e acción de tipo
formativo.

Na realización dos traballos que se leven a cabo no marco do plan
acordado hoxe poden participar as traballadoras que conten co
correspondente permiso de explotación (permex).

O cobro das contrapartidas económicas estará supeditado á participación
por parte das mariscadoras nos traballos, coa obligatoriedade da
asistencia os dez días de cada mes (só poderán faltar dous días seguidos
ao mes debendo, neste caso, presentar un xustificante). O control
realizarase en cada xornada, ao comenzo e ao final da mesma, e será
levado a cabo por membros da xunta directiva e pola asistencia técnica.

Á reunión mantida na delegación da Consellería de Pesca e Asuntos
Marítimos asistiron o director xeral de Recursos Mariños, Francisco
Fernández Cortés, a delegada da Consellería na Coruña, Rosa Liaño, as
representantes do colectivo de mariscadoras que traballa na Ría do Burgo
e membros dos sindicatos UGT, CIG e CC.OO.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia