Skip to main content

Carmen Gallego reuniuse coa Cofradía de Laxe para falar das actuación na Lonxa

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, mantivo unha xuntanza co cabildo da confraría de pescadores de Laxe en San Caetano co fin de
abordar diversos asuntos de interese e na que tamén estivo presente o director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, José Manuel López Rodríguez. Un dos principais temas tratados nesta reunión foi o do plan de infraestruturas portuarias de Laxe, un plan que contempla distintas actuacións que competen a Pesca, das que un importante número xa están finalizadas e outras a piques de executar.

Entre as actuacións desenvolvidas e finalizadas polo departamento de
Pesca da Xunta atópanse a lonxa, a aula-taller para a formación, o
almacén xeral, obras de adaptación da lonxa a actividades turísticas e a
nave de conxelación e transformación. Esta última obra xa está rematada e
pendente de inauguración e nela preténdense realizar, ademais,
adaptacións para a instalación de viveiros que permitan unha maior e
mellor concentración da oferta de cara ao mercado dos produtos da lonxa.

(See attached file: Xuntanza Confraría de Laxe 008.jpg)Pé de foto.- A
Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego, e o director
xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, José Manuel López, nun momento
da xuntanza que mantiveron esta mañá co patrón maior da Confraría de
Laxe, José Antonio Toja Amado, e o secretario xeral do pósito, Antonio
Devesa.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia