Skip to main content

Lamentable Comparecencia do Conselleiro de Medio Ambiente ante o Parlamento Galego

A Federación Ecoloxista Galega so pode calificalas de desafortunadas e lamentables, pois so serviu para a autocomplacencia sen explicar nada do acontecido. A comparecencia veu a reflexar o inutil traballo realizado por técnicos, especialistas e grupos ecoloxistas cando foi dos acontecementos da catástrofe do Prestige.
Protocolos anticuados:
O Conselleiro de Medio Ambiente afirmou que se levou ó pé da letra, os protocolos de tratamento de aves petroleadas, (momento que mostrou dito documento). O protocolo ó que facía referencia o señor Barreiro é un documento antigo, que foi reformado e actualizado para o caso do Prestige, e que foi ignorado para o caso que empezou o 3 de abril. Ignorouse a reducción de tempo entre a estabilización e o lavado das aves, ignorouse o perxuizo de estar a levar os animais salvaxes dun lado a otro os animais, provocando un stress e reducindo considerablemente as posibilidades de recuperación.
Unha recuperación ficticia

Asegurouse que o indice de recuperación de aves e de un 40-50%, dato inventado polo señor Conselleiro pois a recuperación significa integración das aves no seu medio Natural. Soltaronse 72 aves, o 15% e algunhas se tiveron que volver a coller e outras morreron na solta.
Non se quixo facilitar o nº de aves que ainda están nos centros de recuperación, nin as que morreron ata o día de hoxe. Estase a impedir á entrada nos centros de recuperación, para manter ocultos estos datos.
Centros non preparados
O Sr. Barreiro asegurou que o centro de Oleiros e o hospital Rof Codina estaba preparados para tal contixencia.
O Centro de recuperación de fauna silvestre de Oleiros, pese a promesa de que vai ser o gran centro recuperación de aves petroleadas de Galicia, a realidade é que a día de hoxe, non está preparado para tal contixencia nin ten o nº de xente preparada para este tipo de emerxencias.
O hospital Rof Codina en Lugo, ninguén discute que sexa un dos mellores hospitales veterinarios de España, pero non teñen experiencia en este tipo de tratamento.
En definitiva, a Comparecencia do Conselleiro segue a ocultar a irresponsabidade política da Consellería de Medio Ambiente en este suceso, e o único que está a facer e abrir expediente a un traballador que o único que fixo foi facer o seu traballado, atemorizando ó resto da plantilla da Xunta, para ocultar unhas nefastas decesións políticas.
Xose Luis Baleato (Federación Ecoloxista Galega)