Skip to main content

Obradoiro sobre a cultura galega en Internet no Telecentro de Vimianzo

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, Día de Internet, Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, a Rede de Dinamización da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria, quere fomentar a posta en marcha de iniciativas que promovan o uso do galego e das Tecnoloxías da Información e da Comunicación.

Por este motivo, no Concello de Vimianzo preténdese levar a cabo unha actividade a modo de obradoiro no que de maneira amena, cordial e intuitiva se mostre todo o mundo da cultura galega que existe en Internet, moito do cal e pouco coñecido pola poboación en xeral.

A actividade prevista consiste en facer unha visita polos sitios de Internet relacionados coa cultura galega máis importantes e coñecidos mediante unha explicación clara e fácil de entender para que desta maneira, tódolos interesados en participar coñezan e se interesen máis pola cultura galega ó visitar esas páxinas e no que nelas se expón, que a bo seguro lles han de parecer interesantes.

As páxinas web que se visitarán e polas que se fará un percorrido polas suas seccións son:

www.galiciadigital.com

www.culturagalega.info

www.culturagalega.org

www.diadasletrasgalegas.com

www.maisinternetmaisgalego.org

www.sociedadedainformacion.eu

www.mancomun.org

A Galipedia

http://gl.wikipedia.org/

Teu Tubo

http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/public/index.php?seccion=mediateca/piezas_gallegas.php

Buscador galego

www.paxinas.com

A partir destas páxinas web visitaranse outras páxinas as que están ligadas e nas que se pode obter información de concellos, asociacións, deportes, xuventude, empresas, etc.

Ademáis, tamén se xogará a un trivial en galego que existe na páxina
http://www.enxenio.es/trivial.gz onde de maneira divertida pódese ir aprendendo moitas cousas da cultura galega, conforme se vaian contestando as preguntas.

Este obradoiro realizarase no telecentro de comunicacións do Concello de Vimianzo o dia 15 de maio de 16:00 a 18:30 horas e será impartido polo dinamizador da sociedade da información, José Manuel Guzmán Blanco. Os interesados en apuntarse deben poñerse en contacto co Servizo de Desenvolvemento Local ou co Servizo de Cultura e Deportes do Concello de Vimianzo no teléfono 981716001.

Dinamiza.Sociedadedainformacion.eu