Skip to main content

Restaurados en Lugo catro cruceiros e un peto de ánimas

A empresa Tau Restauración ven de rematar as obras de restauración de catro cruceiros e un peto de ánimas da provincia de Lugo, que sufriran danos por accidentes ou desgastes ó longo do tempo.

Restaurouse o cruceiro de Castelo (Taboada), e reconstruíronse os
de Saavedra (Begonte), Amoexa (Antas de Ulla) e Ludrio en Castro de Rei.

Así mesmo foi restaurado o Peto de ánimas de Trasar de Carballo, no concello de Carballedo.

O importe total destes traballos foi de 34.408 €, que foron
aportados pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deporte. Corresponden 5.568 ó cruceiro de Saavedra (Begonte), 5.800 ó de Castelo (Taboada), 10.440 ó de Amoexa (Antas de Ulla; 4.640 á Cruz de Sumedo de Ludrio (Castro de Rei) e 6.960 ó Peto de ánimas de Trasar de Carballo (Carballedo).
Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia