Skip to main content

O conselleiro de Innovación recibe ao CB Rosalía, ascendido á LEB

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, recibiu a unha representación do Clube de Baloncesto Rosalía de Castro, equipo que promociona a marca Galicia Calidade e que acaba de acadar o ascenso á LEB.

Fernando Blanco felicitou ao clube polo ascenso á categoría de plata de baloncesto e amosou a súa satisfacción polo éxito dun equipo que ademais está a apostar fortemente polo deporte de base.

Durante a recepción, na que tamén participou o xerente de
Galicia Calidade S.A., Ignacio Louzao, o presidente do Rosalía de
Castro, Ubaldo Rueda, agradeceu o apoio do departamento autonómico ao equipo e regaloulle unha camiseta asinada por todos os xogadores ao conselleiro nacionalista.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia