Skip to main content

Innovación amplía a colaboración con Pymar para o fomento da construción naval en Galicia

A Consellaría de Innovación e Industria asinará un addenda ao seu convenio de colaboración con Industria e Pequenos e Medianos Astilleros Sociedad de Reconversión S.A. (PYMAR), co obxectivo de fomentar a construción naval en Galiza, mediante a suplementación da capacidade de afianzamento do fondo patrimonial de garantías aos contratos dos estaleiros galegos.

A saturación dos estaleiros coreanos, a especialización en buques sísmicos, portacontenedores, quimiqueiros e remolcadores con destino á mariña mercante dos estaleiros privados galegos fai que a carteira de contratos dos mesmos teña aumentado novamente no 2007. Asemade, a entrada en vigor de novos contratos así como as negociacións que manteñen os estaleiros para a entrada en vigor de máis contratos motivan a necesidade de ampliación do Fondo Patrimonial de Garantía de PYMAR por parte da Xunta de Galicia.

Coa finalidade de facer fronte ás necesidades de afianzamento, con destino a tódolos estaleiros que sexan, ou se fagan no futuro, membros do Fondo Patrimonial de Garantías de PYMAR asinarase este addenda, que será autorizada no Consello da Xunta de mañá e á que se destinará un total de 800.000 euros.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia