Skip to main content

Encontro de Negocios Interacui 2007

O presente encontro de negocios sobre “Tecnoloxías e Procesos na Pesca Extractiva e Acuicultura” vén a dar continuidade á colaboración mantida entre a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, o Igape e BIC Galicia durante a celebración de INTERACUI 2006, que se desenvolveu con gran éxito en Vilagarcía no marco da Feira Internacional de Acuicultura de Galicia e que contou coa participación de empresas de diferentes países de América Latina e Europa.

Nesta ocasión, a Consellería de Pesca promove unha nova edición deste encontro empresarial en colaboración cos organismos dependentes da Consellería de Economía e Facenda e no eido da Feira CONXEMAR 2007 que este ano acolle a expositores de 660 empresas de 35 países diferentes.

O principal obxectivo deste evento é o de fomentar as relacións comerciais entre empresas galegas e latinoamericanas relacionadas coa acuicultura, sector de grande importancia en ámbolos dous continentes.

Na actualidade, as empresas de produción europeas, e especialmente as galegas, vixían a calidade dos produtos finais e as condicións de seguridade alimentaria e hixiénico sanitarias, ademáis do posible impacto ambiental das instalacións. Para elo contan con tecnoloxía propia e son punteiras a nivel mundial nas técnicas de produción, control e seguridade da calidade alimentaria das especies coas que traballan.

Este encontro empresarial vai a permitir ás empresas galegas e latinoamericanas presentes hoxe aquí exportar os seus productos e acceder a novos mercados incorporando valor engadido mediante a sua transformación, e garantizando a calidade e hixiene para facerse más competitivos no mercado.

Dende a Consellería de Pesca damos a benvida ás empresas hondureñas e colombianas que participarán nas rondas de negocios que terán lugar no noso stand institucional e desexamos que aproveiten a sua presencia na Feira CONXEMAR.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia