Skip to main content

Os mellores proxectos de musealización arqueolóxica, na web

A Consellaría de Cultura e Deporte pon a disposición pública na súa web as actas do IV Congreso Internacional sobre Musealización de Xacementos Arqueolóxicos, que reuniu en Santiago de Compostela arredor de 350 profesionais e técnicos relacionados coa Arqueoloxía e cos museos procedentes de diversos países.

Agora xa están dispoñibles para descargar as actas do Congreso, onde figuran algunhas das mellores experiencias en conservación e promoción social dos xacementos arqueolóxicos.

A Consellaría de Cultura, a través da dirección xeral de Patrimonio, organizou esta edición, xunto co Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" do CSIC, o Museu d’Historia de la Ciutat de Barcelona e o Concello de Alcalá de Henares.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia