Skip to main content

Rexistráronse 13 sinistros mortais en Galicia en setembro

A análise da causa dos sinistros mortais en xornada laboral indica que dos 12 sinistros mortais, 4 debéronse a infartos, derrames cerebrais e outras patoloxías (o 33,33%), 1 (o 8,33%) foron accidentes de tráfico, e 7 debéronse a outras causas (o 58,33%).

O 41,66% foron debidos a accidentes de tráfico e infartos e derrames cerebrais.

No período de xaneiro-setembro deste ano rexistráronse 70 sinistros mortais. Deles 15 (o 21,43%) foron accidentes in itinere, e dicir, os ocorridos ao ir ou regresar do traballo e 55 producíronse durante a xornada de traballo (o 78,57%).

A análise da causa dos sinistros mortais en xornada laboral indica que do total de 55 accidentes mortais, 10 foron accidentes de tráfico (o 18,18%), 14 debéronse a infartos, derrames cerebrais e outras patoloxías (o 25,45%) e 31 foron accidentes por outras causas (o 56,36%).

O 43,36% foron debidos a accidentes de tráfico e infartos e derrames cerebrais.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia