Skip to main content

O Valedor do Pobo abre unha queixa sobre os problemas co transporte escolar en Taboada e Portomarín

O Valedor do Pobo abriu unha queixa de oficio na que se fai eco dos presuntos problemas co transporte escolar que afectan a alumnos das localidades luguesas de Taboada e do núcleo de Vilaxuste en Portomarín. O alto comisionado do Parlamento pide á Consellería de Educación que no prazo de quince días “facilite información sobre se son certos os feitos descritos polos medios” e en caso afirmativo que aclare que medidas tomou para poder dar solución a este conflicto.

Segundo o escrito do Valedor, a trarverso dos medios, constaouse que no caso de Taboada “os alumnos teñen que caminar ata un quilómetro para coller o autobús que os leve ao Colexio Santo Tomé do Carballo”. En Vilaxuste o problema e outro, tal e como
recolle o expediente: “É que non existe transporte escolar xa que, ao parecer, o Concello de Guntín sufragaba o transporte pero agora suspendeuno porque cre que debe afrontalo a Consellería de Educación”.

Froito das inquedanzas dos pais dos estudiantes o Valedor do Pobo cursou a correspondente queixa dirixida á Consellería de Educación co obxecto de “promover de oficio a oportuna investigación sumaria informal” que permita esclarecer os supostos.
Gabinete de Comunicación do Valedor do Pobo