Skip to main content

O Pesca 2 evacúa a un tripulante dun portacontenedores francés a 100 millas ao norte de Estaca de Bares

O helicóptero Pesca 2 do Servizo de Gardadostas de Galicia da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos evacuou a un tripulante dun portacontenedores francés de 300 metros de eslora, “CMA CGM BIZET”, que se atopaba a 100 millas ao norte de Estaca de Bares. A tripulación do Pesca 2, con base en Celeiro, mobilizouse de forma inmediata ás 09.55 horas despois de ser alertada, pola Centro Zonal de Salvamento Marítimo de Finisterre, da situación do mariñeiro.

O tripulante, de nacionalidade rumana e de 51 anos de idade, presentaba a rotura de dous dedos da súa man esquerda. Os membros da tripulación do Pesca 2 chegaron á zona do buque ás 11.15 horas. Despois de avaliar o estado do ferido, os axentes do Servizo de Gardacostas inmobilizaron ao home e izárono ata o helicóptero procedendo ao seu traslado ata o Hospital Costa Norte de Burela, a onde chegaron ás 12.23 horas.

O Servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos levou a cabo a operación de evacuación con éxito e celeridade gracias a que as condicións meteorolóxicas que reinaban na zona eran boas.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia