Skip to main content

A Deputación da Coruña apoia á Asociación de Esclerose Múltiple

O deputado responsable da área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Xoan Manuel Sande, visitou a sede da Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM), co obxecto de coñecer a actividade diaria do centro. O deputado provincial foi recibido pola presidenta da entidade, María Xesús Arias, que foi a encargada de explicar ao responsable provincial as actividades que se desenvolven no centro e as necesidades do mesmo.

A ACEM creouse no ano 1995 como asociación con entidade xurídica propia de ámbito provincial e é membro activo da Asociación Española de Esclerosis Múltiple e da Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI). Segundo o exposto por María Xesús Arias, a principal finalidade da asociación é contribuir a mellorar a calidade de vida das pesrsoas afectadas esclerose múltiple, así como concienciar á sociedade da necesidade de loitar con todos os medios prosibles para evitar os efectos individuais e sociais provocados pola enfermedade.

Entre outras actividades a ACEM facilita información sobre a esclerose múltiple a afectados e familiares, propicia a formación continua dos múltiples profesionais implicados no tratamento da enfermidade e busca todos os canais de información e sistemas de axudas para os afectados. A entidade ofrece ademáis asesoramento, cooperación e servizos aos afectados e ás súas familias, mediante persoal cualificado e voluntariado social. No centro traballan, entre outros profesionais, un asesora técnica en servizos sociais, unha psicóloga, unha fisioterapeuta, unha traballadora social, unha terapeuta ocupacional, dúas logopedas, un conductor e un equipo profesional adicado á estimulación cognitiva.

Xoan Manuel Sande gabou “o importante labor” que desenvolve a asociación prestando apoio técnico, xurídico, rehabilitador, psicolóxico e social aos afectados pola esclreose múltiple e aos seus familiares.

A presidenta da entidade solicitou a Sande Muñiz que as axudas que a Deputación da Coruña lles outorgou para a realización de programas de rehabilitación funcional podan articularse a través dun convenio de colaboración co obxectivo de darlle estabilidade e continuidade no tempo as referidas actividades. O pasado exercicio, esta entidade recibiou unha axuda para o desenrollo destes programas de preto de 11.000 euros.

A visita enmárcase na rolda de contactos que o responsable de Benestar Social da institución provincial está a manter con responsables de entidades de carácter social da provincia.


Gabinete de Prensa da Deputación Provincial da Coruña