Skip to main content

50 guitiricenses visitaron a Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu a 50 veciños do Concello de Guitiriz no Salón de Plenos do organismo provincial. Cada mes, este municipio, rexentado pola Deputada de Economía, Regina Polín, organiza unha visita cultural a distintos lugares de provincia e de Galicia. Desta volta, foi a quenda da Deputación de Lugo. Os visitantes coñeceron de primeira man as instalacións do ente provincial, así como do Museo Provincial e do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo.

Gómez Besteiro, que saudou ó grupo de excursionistas, aproveitou a ocasión para lembrar que o Pazo de San Marcos “é a casa de todos e de todas, polo que calquera persoa que a visite sempre será benvida”. O titular da Deputación agasallou ós visitantes cunha axenda do organismo provincial.

O titular máximo mandatario provincial non quixo desaproveitar a recepción para transmitir as súas condolencias á familia de José Cora Rodríguez polo seu falecemento. Gómez Besteiro amosou o seu pesar polo que foi o primeiro Valedor do pobo e Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, unha persoa “que loitou moito pola independencia e que grazas ó seu carácter xeneroso soubo gañarse o respeto de todos”.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo