Skip to main content

Cultura achegará 400.000 euros aos concellos para a organización de actividades

Cultura achegará 400.000 para a realización de actividades, principalmente nos eidos da música e as artes escénicas, o fomento da lectura e a recuperación da memoria histórica.

A orde de subvencións foi publicada no D.O.G. de hoxe. As axudas están dirixidas a concellos e as súas entidades públicas con personalidade xurídica propia. Os solicitantes teñen un mes de prazo a partir de mañá para pedir estas axudas, que poden chegar como máximo aos 30.000 euros por subvención.

O obxectivo da Consellaría é fomentar a realización de actividades culturais propostas e impulsadas desde os concellos e as súas entidades propias. As actividades que terán carácter prioritario son aquelas que teñan por obxecto desenvolver programacións estables de artes escénicas e musicias, as de promoción do libro e a lectura e as da recuperación da memoria histórica. Quedan excluídas desta orde as festas gastronómicas e as festas locais ou patronais.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia