Skip to main content

Cesión de case cen barcos a clubes náuticos galegos

A Dirección Xeral para o Deporte asinou hoxe convenios de colaboración coa Federación Galega de Vela e con máis de vinte clubs náuticos para a cesión de case cen barcos para a realización de actividades de promoción da vela entre os/as escolares do seu Concello.

No acto participaron representantes de todas as entidades, así como o presidente da Federación Galega de Vela, José Ángel Rodríguez, e a directora xeral para o Deporte, Marta Souto. A directora insistiu na necesidade de achegar a actividade deportiva da vela aos máis cativos e manifestou “o meu agradecemento a todos os clubs e a Federación pola súa colaboración”.

Pola súa parte, o presidente da federación indicou que “o obxectivo deste convenio é organizar este proceso e marcar as condicións de cesións deste material, que é para a promoción da vela entre os máis cativos”. Os barcos, que pertencen á Dirección Xeral para o deporte, será cedidos aos clubs ata finais do verán do 2009.

A directora xeral destacou que a entrega dos barcos faise despois da entrega dun proxecto e que posteriormente farase unha avaliación do mesmo, para comprobar “se cumprimos os obxectivos establecidos”.


Gabinete de Comunicación da Dirección Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia