Skip to main content

Un grupo de expertos asesorará ao Goberno galego na reforma da Lei da CRTVG

A Secretaría Xeral de Comunicación vai conformar un grupo de expertos co obxectivo de que fagan as súas achegas ao borrador de reforma da Lei de Creación da Compañía de Radio Televisión de Galicia, co propósito de elaborar un texto que poida ser presentado este ano, tal e como comprometeu o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

O Grupo de Expertos deberá realizar as súas achegas a un proxecto de lei que permita poñer ao día a radio e a televisión de Galicia e axeitar a súa configuración ás novas demandas.

O Goberno galego pretende un cambio fondo nos estatutos e na concepción da radio e televisión pública de Galicia. Así, a reforma en curso prevé abordar, entre outras cuestións, a nova configuración xurídica do ente público, así como dos seus órganos de dirección e o seu sistema de financiamento.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia