Skip to main content

Inauguradas as XVI Xornadas Pedagóxicas do Museo Provncial de Lugo

O Museo Provincial de Lugo, dependente da Área de Cultura da Deputación de Lugo, e o Centro de Formación e Recursos de Lugo (CEFORE), organizan as XVI Xornadas Pedagóxicas do Museo Provincial de Lugo, estas xornadas teñen lugar os días 3, 4 e 5 de xuño nas dependencias do Museo de Lugo. O obxectivo destas xornadas, que nesta edición enmárcanse dentro dos actos do 75 aniversario do museo, é o de contribuír á formación do profesorado que imparte ensinanzas de nivel non universitario e á dos traballadores dos departamentos de educación, didáctica e comunicación dos museos. Estas xornadas resultan dun grande interese polo intercambio de experiencias, a reflexión conxunta sobre os procesos educativos, a incidencia na dinamización pedagóxica tanto nos centros educativos como nos museos, e a difusión no eido escolar do patrimonio material e inmaterial galego.

No acto de inauguración, celebrado no Salón de Actos da Deputación, estiveron presentes, xunto co vicepresidente da Deputación, Luís Manuel Álvarez Martínez, Delegado Provincial da Consellería de Educación en Lugo, Manuel Díaz Regueiro, Director do CEFORE, Encarna Lago González, Xerente da Rede Museística Provincial, Antonio Reigosa Carreiras, Coordinador das Xornadas (Museo Provincial), Marta Arias López, Coordinadora das Xornadas (CEFORE ).

O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, manifestou na súa intervención “o interese da Área de Cultura da Deputación de Lugo por apoiar todas aquelas actividades e iniciativas que contribúan a facer do museo de Lugo un espazo vivo, útil para o intercambio de coñecemento” Bao resaltou a importancia destas xornadas para transmitir formación e información ao profesorado de cara a un mellor aproveitamento dos recursos didácticos existentes no Museo de Lugo e noutros museos da Rede Museística da Deputación.

DISTINTAS VISIÓNS DOS MUSEOS

Dentro dos obxectivos das xornadas están o de explorar e analizar as posibilidades didácticas dos recursos dos museos e dar a coñecer ao profesorado estratexias para o uso destes recursos. Tamén se fomentará o intercambio de experiencias entre o profesorado e os traballadores dos museos de xeito que ambas poidan achegarse a perspectiva respectiva de ámbolos dous colectivos. Para acadar estes obxectivos as xornadas contarán con poñentes que farán participes, aos asistentes, da visión do museo dende ópticas totalmente diferentes como a música, a plástica, a conservación, a integración e a didáctica.

PROGRAMA DAS XORNADAS

Datas: 3, 4 e 5 de xuño de 2008.
Lugares: Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo e Museo Provincial de Lugo.
Horas lectivas: 12
Organizan:
Deputación de Lugo / Rede Museística Provincial / Museo Provincial de Lugo / Departamentos de Didáctica, Accesibilidade e capacidades diferentes, e Comunicación e TIC.
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria / Centro de Formación e Recursos de Lugo (CEFORE).
Coordinación: Marta Arias López e Antonio Reigosa Carreiras.
Participantes:
a.-Profesorado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria (convocatoria do CEFORE- Lugo)

PROGRAMA
Martes, 3 de xuño de 2008
Lugar: Salón de Actos da Deputación de Lugo.
17: 00. Entrega de documentación.
17: 15. Inauguración oficial.
17:30. Cero en conduta: museo, escola e sociedade.
Relator: Vicente Blanco Mosquera
Profesor de Educación Artística na Universidade de Santiago de Compostela
19:00. Descanso
19:30. Un músico no Museo Provincial de Lugo.
Relator: Fernando Gómez Jácome
Músico, director do grupo vocal Sólo Voces

Mércores, 4 de xuño de 2008
Lugar: Museo Provincial de Lugo
17.00 Arte contemporánea e educación escolar. Un estimulante desafío.
Relatora: Jorge Núñez Lodeiro
Coordinador do Departamento de Educación e Acción Social do Museo de Arte Contemporánea UNION FENOSA (MACUF)
18.00 Non me trates como un obxecto
Relatora: Xulia Santiso
Conservadora do Museo Emilia Pardo Bazán
19: 00. Descanso.
Lugar: Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo.
19:30. A colaboración entre o educador de museos e o educador escolar
Relatora: Olaia Fontal Merillas.
Profesora Titular EU do Departamento de Didáctica de Expresión plástica da Universidade de Valladolid.

Xoves, 5 de xuño de 2008
Lugar: Museo Provincial de Lugo
17:00 Capacidades diferentes. Museos sen límites. Presentación do Departamento de Accesibilidade e Capacidades diferentes. (Visita ás salas adaptadas do Museo Provincial).
Relatora: Encarna Lago
Xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo
18.00. Presentación dos “Programas de actividades escolares dos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo para o curso 2008-2009”.
Museo Provincial de Lugo
Relatores: J. Urbano Cueva Mateo / Lucía Dequidt Lagares / Raquel Guerrero Prieto / Mª Anunciación Losada Montenegro / J. Manuel Mendoza Castiñeira / Antón Rodríguez Prieto / Paula Salinas Somoza.
Museo Etnográfico de San Paio de Narla
Relatora: Francisca Abuín Villar.
Museo Provincial do Mar
Relatora: Noemi Díaz Orol
19:00. Descanso
19:30. Desenvolvemento práctico dalgunhas actividades didácticas presentadas.
20:00. Conclusións sobre as xornadas
20: 30. Formación de grupos de traballo.
21.00. Clausura.
Vitor Otero (Xefe de Gabinete Vicepresidencia 1ª Deputación de Lugo)