Skip to main content

Arranca a campaña ¡Lugo xa conecta!

Deu comezo na capital lucense a campaña “¡Lugo xa conecta!” (www.lugoxaconecta.org), baseada nun autobús interactivo fletado polo Concello de Lugo para levar ata os administrados as vantaxes que ofrece a administración electrónica.

Trátase dun proxecto de modernización da administración local do Concello de Lugo, en cooperación cos de Cervantes, Castroverde e Guitiriz, promovido polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, para mellorar o servizo á cidadanía e dar satisfacción ós dereitos desta de resolver via internet os seus asuntos coa Administración.

A campaña extenderase ata o 31 de outubro, de luns a sábado, periodo no que o Bus visitará cento trinta parroquias para achegar as novas tecnoloxías ó medio rural.

A inauguración oficial da campaña efectuouse na Praza Maior da capital lucense, onde o Bus da campaña estivo situado durante toda a xornada, e estivo a cargo do Alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, ó que acompañaban os rexedores de Castroverde, José María Arias Fernandez; de Cervantes, Benigno Gómez Tadín, e Guitiriz, Regina Polín Rodríguez.
Lugo xa conecta