Skip to main content

Gardacostas de Galicia disporá dun novo barco

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos fixo pública, a través do Diario Oficial de Galicia (DOG), a adxudicación dun contrato para a subministración dunha embarcación patrulleira para o Servizo de Gardacostas de Galicia. Así mesmo, tamén difundiu a adxudicación doutro contrato para a subministración de dous motores e un sistema propulsor para a embarcación IP 122 Serra de Faro, con base en Vilaxoán.

A tramitación deste dous expedientes foi levada a cabo pola Dirección Xeral de Recursos Mariños, dependente do departamento que dirixe Carmen Gallego, polo procedemento de concurso aberto cuxos anuncios de licitación foron publicados no DOG nº 68, do 9 de abril de 2008, e no nº 82, do 29 de abril de 2008, respectivamente.

O orzamento total co que a Consellería de Pesca conta para esta actuación é de 605.000 euros, co IVE e demais impostos incluídos. En concreto, dispóñense de 425.000 euros para a embarcación patrulleira e de 180.000 para a subministración dos motores e sistema propulsor da IP 122 Serra de Faro.

Segundo aparece reflectido na resolución do concurso publicada hoxe no DOG, a empresa que conseguiu a adxudicación deste dous contratos foi Astilleros Polináutica.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia