Skip to main content

O Centro Superior de Hostelería de Galicia acolle o III Campeonato de Baristas

O Centro Superior de Hostalería de Galicia, dependente de Turgalicia, da Consellaría de Innovación e Industira, acolle o III Campionato Galego de Baristas no restaurante Self Service. A Asociación Barista de Galicia e o Fórum Cultural do Café organizan esta proba na que participan nove profesionais procedentes de Pontevedra, Lugo, Burela, Chantada, A Coruña e Santiago.

O barista campión representará a Galicia no III Campionato Nacional de España que se celebrará en HOSTELCO (Barcelona) do 17 ao 21 de outubro.

As normas da competición establecen que cada un dos competidores deberá preparar dous espressos, dous capuccinos con Latte Art, dous cócteles con alcol e dous sen alcol. Os participantes terán un tempo máximo de 15 minutos e serán avaliados por xuíces nacionais homologados polo Fórum Cultural do Café.

Os xuíces verificarán o tempo de elaboración das bebidas, avaliarán a seguridade e profesionalidade coa que se desenvolven os participantes, así como a calidade da bebida e a orixinalidade da presentación de cada un dos profesionais no manexo e preparación do café espresso.
Este tipo de competición destaca no mundo da hostalería como un dos máis espectaculares porque cada barista leva a súa propia música e plasma a súa creatividade tomando como base o café espresso. De feito, o barista é un experto en café con profesionalismo e habilidade, que manexa a máquina de espresso para preparar excelentes tazas e bebidas que teñan como base o café espresso, como o capuccino e algúns cócteles.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia