Skip to main content

O SLG lamenta que Zapatero se esquecese dos labregos e labregas de Galiza no seu discurso

Lidia Senra ficou sorprendida diante do discurso de Zapatero, pois nel lembrouse de case todos os sectores da vida social e económica galega –naval, pesqueiro, universitario, innovación, etcétera- pero non dixo nin unha soa palabra sobre o medio rural, nin sobre gandería ou agricultura de Galiza.
Dende o Sindicato Labrego Galego lamentamos que o Presidente tivese este lapsus tan clamoroso con respecto a un sector social e económico que está a atravesar, dende hai anos, unha das reconversións máis brutais e críticas da nosa terra, coa desaparición de miles de explotacións cada ano, perda masiva de postos de traballo, e desertización progresiva e imparable do medio rural.
O SLG agarda que a lamentable omisión do Presidente non se vexa reflectida nas accións do seu Goberno. En caso contrario, tentaremos refrescarlle a memoria coa nosa máis frontal oposición.
Sindicato Labrego Galego