Skip to main content

A vida do outro, Premio de Narrativa Torrente Ballester

O escritor e xornalista Carlos González Reigosa, coa súa obra en
galego A vida do outro, foi o gañador da vixésima edición do premio de narrativa Gonzalo Torrente Ballester, convocado pola Deputación da Coruña, e dotado con 25.000 euros, ademais da publicación do texto nunha editorial de prestixio.

O fallo do premio fíxose público esta mañá na sede da Deputación da Coruña, cuxo presidente destacou a longa traxectoria do mesmo “marcada pola calidade das obras premiadas e pola importante participación que rexistra, ano tras ano, este certame”. Á presente convocatoria do Torrente Ballester presentáronse un total de 404 orixinais, cen máis que na anterior edición, dos que 28 son en galego e os restantes 376 en castelán, procedentes dun total de 18 países.

Fernández Moreda definiu a Carlos González Reigosa como “un ilustre galego, magnífico xornalista e escritor, en galego e castelán”.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de A Coruña