Skip to main content

Remata o Certame Galego de Creadores Novos: GZ Crea

Péchase en Santiago a edición deste ano do GZ CREA, o Certame Galego de Creadores Novos, coa celebración da gala final de entrega de premios, que se desenvolve no Teatro Principal. Unha gala á que asistirán unhas 200 persoas, entre as que están o director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela; a secretaria xeral de Benestar, María Xesús Lago; e a delegada provincial da Vicepresidencia na Coruña, Tareixa Novo.

A gala comezou coa proxección do primeiro premio da categoría de videocreación, “Metamorfosis II” de Sheila Pazos Silva. Logo tivo lugar a representación da obra de teatro gañadora nesa categoría, “Presas”, obra de Spasmo, do IES Santa Irene. Finalmente, hoxe tamén actuou o grupo gañador na categoría de musica, Projecto Trepia.

No transcurso da gala entregáronse ademais os premios aos gañadores de GZ CREA 08 en seis categorías, xa que nas outras sete modalidades xa se foron entregando os galardóns en diferentes eventos. Os premios que se outorgaron hoxe corresponden ás especialidades de videocreación, música, relato, poesía, teatro e cartelismo. Para cada especialidade establecéronse tres premios, cun importe de 3.000 euros para o primeiro, 1.500 para o segundo e 1.000 euros para o terceiro clasificado.

Os premiados foron os seguintes:

En Videocreación, os gañadores foron:
1º Premio: Sheila Pazos Silva, de Pontevedra, pola obra "Metamorfosis II"
2º Premio: Alexandre Martínez Pérez, de Pontevedra, pola obra "Projecto (Trepia)" ·
3º Premio: Héctor Barandela , da Coruña, pola obra "Pesadelo nocturno en 13591 cadros"
Mención de honra: Lorena Terrón , da Coruña, pola obra “Ego mortis e tamén tango”.

En Música, concedéronse os seguintes premios:
1º premio: Projecto Trepia, de Pontevedra, polas cancións “A roseira” e “Leghons”
2º premio: Noise Project, de Valga, polas cancións “II” e “A pedra de afiar"
3º premio: compartido entre Os Gru, da Coruña,polas cancións “As movies de Antón de Castro” e “Ti me soas” e Anxo Graña, de Cangas do Morrazo, polos temas “Bailadela” e “Saxos”.

En Relato, os premiados foron:
1º Premio: Iria Ameixeiras Cundíns, de Zas, pola obra "A confraría das palabras"
2º Premio: Carmen Núñez Sande, de Muros, pola obra "Sin título”
3º Premio: Martina Vázquez Suárez, da Coruña, pola obra "Muller en seis pezas"

En Poesía, concedéronse os seguintes premios:
1º Premio: Lara Dopazo Ruibal, de Marín, pola poesía “Dende Illa Peixe"
2º Premio: Valentina Carro Padín, de Cambados, coa poesía "Ciclopes Pintábanse con Rimmel e Saian Angulos"
3º Premio: David Pérez González, da Pobra do Caramiñal,coa obra "Poesía Primeira de Amor, Desamor e Arrefriado".
Mención de honra: Xosé Daniel Costas Currás, de Moaña, pola poesía "Revoluciona(Me)"

En Teatro, os premiados foron:
1º Premio: Spasmo do IES Santa Irene, de Vigo, por "Presas"
2º Premio: Bicodobrelo, de Catoira, pola obra "Comedia bífida"
3º Premio: Andaravía Teatro da A.C. Papaventos, de Vedra, coa obra "Metus Extremus"

En Cartelismo, os premiados foron:
1º Premio: José Domínguez, da Coruña, pola obra " Ven sentir o teatro"
2º Premio: Antía Carbajo Area, de Pontevedra, pola obra "Amósate "
3º Premio: Bárbara Luísa Rodríguez Silva, da Coruña, pola obra "Paso de creacións"
Mencións de honra: -David Cuence Seijas, de Rois, pola obra “Crea Gz”
-Mónica Bastón Paz, de Pontevedra, pola obra “Esperta a túa testa”
-Ángel David Corral Rodríguez, de Ourense, pola obra “Do que se come se cría”

Os seleccionados como finalistas da especialidade de moda, dentro do Certame Tesoira 2008, exhibiron os seus deseños o día 20 de novembro no Teatro do Centro Cultural Caixanova de Vigo. As premiadas foron:
1º Premio: Isabel Mastache Martínez pola colección "Sputnik"
2º Premio: Eva Soto Conde pola colección "A arte da papiroflexia"
3º Premio: Mónica Bastón por "A mente demente de Sevérine Sérizy"

O pasado 22 de novembro tivo lugar a final da especialidade de Graffiti, na que os seis finalistas foron citados no Multiusos Fontes do Sar, en Compostela, coincidindo co festival Microfest 08. Alí, o numeroso público asistente tivo ocasión de ver paso a paso o proceso de elaboración das obras nos paneis que a organización dispuxo para tal fin. Os premiados foron:
1º premio: David Canosa Barreiro, pola obra "True love"
2º premio: Jorge Mourelos Peteiro, pola obra "Un pouco de cor para unha cidade gris"
3º premio: David Brey Vázquez, pola obra "Fanfarria tolayesca"

Na modalidade de deseño de xoias, novidade este ano, expuxéronse as xoias seleccionadas no espazo de arte do Grupo Correo Gallego, unha mostra inaugurada o pasado 24 de novembro. As gañadoras foron:
1º premio: Josefa Castro Lago, pola colección “Fiaduras”
2º premio: Sarai Fernández Marqués, pola colección “White wood”
3º premio: Libertad Olives Mier, pola colección “Quisiera ser tan alta...”

O pasado 6 de novembro inaugurouse a exposición das obras seleccionadas no Gzcrea 2008 pertencentes á especialidade de artes plásticas, que incluíu as modalidades de pintura, escultura, fotografía e instalacións. Os gañadores nesta categoría foron:
1º premio: Alba Fandiño, pola obra “Mi madre vista desde mis ocho años”
2º premio: Pablo Rodríguez Barreiro, pola obra “Orixe (da serie máscaras)”
3º premio: Cristian Enrique Gradín, pola obra “Ellos no conocen la vejez”
Mención de honra: Daniel Pérez Diéguez, pola obra “A Conferencia”

En Banda Deseñada, os gañadores foron:
1º premio: Martín Romero Outeiral, pola obra “O home do saco”
2º premio: María Dolores Lorente Esquiva, pola obra “Ventrílocuo”
3º premio: Jerónimo Piñeiro de Castro, pola obra “Carta dende a fronte”
Mención de honra: Diego Campos, por “Que ben se está en todas partes”

GZ CREA

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade ten en marcha o certame GZ CREA como unha fiestra aberta que permite amosar o potencial da creatividade artística e cultural da mocidade galega. Nesta edición participaron máis de 400 mozos e mozas, o que demostra que o certame xa está consolidado no panorama galego. Ademais, o feito de que cada ano se vaian engadindo novas categorías amosa que é un certame vivo e en constante crecemento. O certame GZ CREA é unha mostra de que a xuventude galega ten moito que dicir na arte e na cultura, téndose convertido nun semilleiro imprescindible para a modernización e desenvolvemento do país.
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia