Skip to main content

A Xunta anima aos empresarios a aproveitar o potencial das redes

O conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape, José Ramón Fernández Antonio, destacou a importancia de consolidar os contactos realizados polos empresarios de dentro e de fóra de Galicia no marcho do Encontro de Empresarios Galegos en Rede celebrado en Santiago. A iniciativa organizada polo Igape, que reuniu en Santiago a 550 empresario de orixe galega, constitúe “un excelente medio para a identificación de oportunidades de negocio, para o desenvolvemento de canles de distribución e novos negocio”, explicou o conselleiro. En definitiva, para promover unha maior internacionalización da economía galega a partir da posta en común de información como paso previo ás vías de alianza e cooperación internacional.

Nesa liña, o conselleiro animou aos participantes no encontro a afondar na estratexia de colaboración a través da Rede de Empresarios e Profesionais de Orixe galega impulsada polo Igape e que está a funcional como una rede “activa e din´maica” ao servizo dos empresarios galegos de países como Arxentina, México, Portugal, República Dominicana, Uruguai, Venezuela, Brasil, Cataluña e Madrid. Por iso, engadiu Fernández Antonio, “estamos a apoiar e desenvolver esta iniciativa que ten un potencial económico fundamental”. Ademais, unha rede de este tipo ten unha especial relevancia nun momento como o actual, de crise económica internacional, “na medida en que facilita o acceso a novos mercados para compensar a caída da demanda interna”.

Fernández Antonio tamén animou aos empresarios a implicar as novas xeracións de empresarios de orixe galega para ampliar as dimensión da rede e para ampliar o abano de actividades “da man da formación e o coñecemento que posúen os novos titulados”. Neste sentido, lembrou o programa de bolsas inversas promovidas polo Igape para contribuír á especialización de titulados de orixe galega sobre comercio internacional. Nesa mesma liña, engadiu o conselleiro, se sitúan as liñas de formación e asesoramento de BIC Galicia que teñen como obxectivo apoiar aos emprendedores de orixe galega no difícil proceso “de converter as ideas en proxectos, es os proxectos en negocios”.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia