Skip to main content

Remodelación no goberno municipal de Ourense: o alcalde quere impulsar áreas como a de Persoal

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez presentou en rolda de prensa a remodelación do goberno municipal, destinada a “dar un novo impulso a determinados servicios municipais, e singularmente á Área de Persoal”.

Neste senso, sinalou, “o concelleiro, Antonio Rodríguez Penín, prantexou á Alcaldía a principios de ano o seu desexo de cambiar de responsabilidades no Goberno municipal, logo de casi dous anos de intenso traballo ó frente dunha das áreas máis complicadas do Concello”. Persoal, manifestou, “é un área de difícil xestión, que este Goberno municipal herdou convertida nun campo de minas, por 3 motivos: Primeiro, polos privilexios personais, laborais e económicos dunha minoría, en detrimento da inmensa maioría dos funcionarios municipais. En segundo lugar, por un grave desaxustes entre a plantilla disponible e as necesidades dos servicios: O PP nunca fixo unha avaliación das necesidades, a carga real de traballo, e a previsible evolución de cada Área. En terceiro lugar, a permanente interferencia do propio PP que sigue utilizando resortes e persoas da súa confianza para facer da política de persoal un “totum revolutum” ingobernable”.

O alcalde agradeceu a Rodríguez Penín “o intenso traballo de dous anos, sometido ó desgaste que conleva implantar unha cultura de equidade, transparencia e supresión dos privilexios dunha minoría, que algúns consideraban consolidados logo de 12 anos coa complicidade do Partido Popular”. Salientou especialmente o alcalde “o traballo realizado na elaboración das Bases de contratación temporal, as Bases de contratación interina, e o Acordo Regulador, que definen os mecanismos legales de acceso ó emprego público no Concello. E _manifestou_ quero agradecerlle tamén a paciencia destes tres meses, dende que pediu ser relevado das suas responsabilidades”.

Carmen Rodríguez Acosta

A partir da vindeira semana, a Área de Persoal terá como nova responsable a Carmen Rodríguez Acosta, abogada cunha longa experiencia e traxectoria profesional en dereito laboral e administrativo, e que durante os últimos catro anos foi delegada da Consellería de Traballo en Ourense. Carmen Rodríguez Acosta incorpórase ó Goberno municipal como concelleira non electa, e coa delegación da Área de Recursos Humanos. Carmen Rodríguez Acosta formará parte tamén da Xunta de Goberno Local, nos termos previstos no Artígo 126 da Lei reguladora de bases de Réxime local. Igualmente poderá participar nos Plenos municipais con voz, pero sen voto, ó non ser concelleira electa.

A incorporación de Carmen Rodríguez obriga a unha pequena remodelación da Xunta de Goberno Local, na que deixa o seu posto a concelleira de Educación, Ana Garrido.

Servicio de Limpeza e Gobernación

Outros cambios decretados polo alcalde son a delegación de competencias de Servicios Xerais, Contratación e Servicio Municipal de Limpeza, nomeando como concelleiro delegado a Antonio Rodríguez Penín. Por outra banda, Urbanismo, con Aurea Soto como concelleira delegada, incorpora as competencias de Gobernación e Patrimonio.

A este respecto, manifestou Francisco Rodríguez, “estas dúas novas áreas, e especialmente Gobernación con todo o servicio de licencias –que pretendemos seguir modernizando e axilizando para reducir os plazos administrativos- multiplican o traballo xa intenso, e a responsabilidade da concelleira delegada”. Motivo este polo que Aurea Soto deixa a portavocía do Grupo Municipal, que recaerá no concelleiro de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa, e no concelleiro de Economía e Facenda, Agustín Fernández.

Así, concluiu o alcalde, “son poucos os reaxustes no esquema básico do Goberno municipal, ainda que consideramos que son importantes:

• Para consolidar o cambio de cultura en materia de persoal, apostando por unha estructura máis operativa que permita mellorar os servicios administrativos e de atención os cidadans.

• Tamén para seguir apostando por servicios públicos fundamentais como o Servicio Municipal de Limpeza, ó que queremos dar un impulso definitivo.

• E por suposto, queremos manter o dinamismo de políticas centrais deste Goberno, como o urbanismo, área que afronta un proceso decisivo para Ourense como é a redacción dun novo Plan de Ordenación Municipal”.
Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense