Skip to main content

Curso sobre construción de hórreos en Lugo

Alí aprenderán a construír o hórreo típico galego tradicional tecido con varas e teito de colmo, que servía para gardar ferramentas, cereais ou curar queixos, xa que a súa estrutura impide que os animais poidan acceder ó interior.

O hórreo conservouse en Galicia e no norte de Portugal ata principios do século pasado. Na actualidade tan só existen dous artesáns que o fabriquen. Para a elaboración do hórreo, os asistentes ó curso comezan pola preparación da base formada por un marco de madeira de castiñeiro ou carballo para seguir coa fabricación do corpo e co ensamble da estrutura do teito elaborado con palla de centeo.

Deputación Provincial de Lugo