Skip to main content

Rede Virtual do Patrimonio dos Centros Galegos

Os centros en cuestión son o Centro Español e Repatriación de Santos (Brasil), Centro Galicia, Centro Gallego e Centro Galego de Betanzos en Bos Aires, Centro Gallego de Rosario, Centro Gallego de Avellaneda e a Federación de Asociaciones Gallegas (Arxentina), Centro Gallego de Montevideo, Casa Galicia de Montevideo e Patronato da Cultura Galega en Montevideo (Uruguai), Centro Gallego de Lisboa (Portugal) e Centro Galego de Barcelona.

Durante varios meses levouse a cabo un traballo de inventariado, catalogación e dixitalización dos bens mobles e inmobles que constitúen o patrimonio dos centros escollidos, chegándose a obter máis de 80.000 imaxes de libros e libros de actas e 1.500 imaxes de cadros, edificios, esculturas e outros elementos das que logo se fixo unha selección das mellores. Cada unha das pezas catalogadas conta cunha pormenorizada ficha na que se ofrece información detallada sobre a mesma, como autor, data de creación, centro ao que pertence… así como fotografías e vídeos que ofrecen ao usuario a posibilidade de achegarse virtualmente a todo este legado artístico. Edificios singulares, pinturas, esculturas, fotografías, libros de actas e outros elementos conforman esta Rede Virtual que se pode consultar libremente por tipo de obra, autor ou centro.
Secretaría Xeral de Emigración