Skip to main content

Núñez Feijóo reuniuse co presidente de PSA Peugeot-Citroën en Vigo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a súa intención de reunirse cos distintos representantes do sector do automóbil en Galicia para analizar o estado desta industria na Comunidade. O máximo mandatario galego, quen mantivo hoxe a primeira destas reunións co presidente de PSA- Peugeot Citroën, Pierre Ianni, manifestou que o seu obxectivo é conseguir unha “radiografía” da situación do sector, “da súa evolución e das principais liñas de actuación”, e adiantou que nos vindeiros días convocará ao Clúster do Automóbil e aos representantes das empresas de compoñentes.

O presidente galego avogou porque o Goberno de España aprobe un plan de reactivación da compra e venda de automóbiles similar aos que “tan ben están funcionando” en Francia e Alemania. “Se hai algunha cousa que está ben feita creo que España debería de asumila, como é este plan de reactivación de entre 1.000 e 1.500 euros de axuda por cada coche novo que se compra a cambio de entregar outro de 10 anos de antigüedade”, asegurou Núñez Feijóo, quen adiantou que o Grupo Parlamentario do Partido Popular presentará unha iniciativa neste sentido no Debate sobre o Estado da Nación que se celebrará esta semana no Congreso dos Deputados. “Así habería en toda España as mesmas axudas e se evitaría facer mercados distintos en cada comunidade autónoma”, concluíu.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia