Skip to main content

Anxo Lorenzo efectúa a súa primeira visita á Real Academia Galega (RAG)

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, visitou a sede da Real Academia Galega, situada na Coruña, da man do presidente da institución, Xosé Ramón Barreiro Fernández. Neste encontro tamén estiveron presentes os restantes membros da comisión executiva da RAG: Manuel González (secretario), Salvador García-Bodaño (vicesecretario), Lois Fernández-Albalat (tesoureiro) e Xosé Luís Axeitos (arquiveiro).

Durante a visita, o presidente da Real Academia trasladoulle a Anxo Lorenzo información sobre o estado dos proxectos que se están a desenvolver no marco de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Lorenzo e Barreiro intercambiaron puntos de vista sobre as iniciativas a prol da lingua que impulsan ambas as institucións.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia