Skip to main content

Mar impulsa a innovación como clave para ampliar o mercado galego

A Conselleira do Mar, Rosa Quintana considera que a competitividade e a innovación son claves para o fortalecemento do sector pesqueiro. Só a través de innovación “poderemos descubrir as posibilidades que ofrece o mar e así ampliar os mercados e mellorar a rendabilidade”.

Rosa Quintana pronunciou estas palabras na clausura do Congreso AECOC (Asociación de fabricantes e distribuidores) no que se entregaron os premios á innovación en Productos do Mar, que tivo lugar no Pazo dos Escudos, en Vigo. A titular de asuntos pesqueiros felicitou ás empresas galardoadas así como ás participantes, pola “importante labor que desenvolven co intercambio de impresiones e a busca de novas oportunidades”.

A Conselleira recoñeceu a traxectoria da entidade, que traballa na mellora da eficiencia e rendabilidade de productos de pesca, marisqueo e acuicultura, dende a súa orixe ata ó consumidor. Destacou que este é un obxectivo que o seu departamento comparte con AECOC e puxo coma exemplo a recen creada Dirección Xeral de Competitividade e Innovación tecnolóxica.

“Dende a Xunta apoiaremos tódalas accións que vaian encamiñadas á diferenciación dos nosos productos para a súa mellor comercialización”, sinalou. “O noso propósito é que os recursos mariños acaden maiores grados de competitividade nun mercado cada vez máis globalizado e complexo”.

Dende 1999, AECOC celebra AECOC de Productos do Mar, co propósito de que tódalas empresas do sector se reúnan para compartir inquietudes e abordar oportunidades de mellora. No seu décimo aniversario, a empresa viguesa Pescanova (pescada con omega 3) obtivo o premio ó producto máis innovador na categoría de productos do mar. El Señor Martín foi galardoado co premio á distribuidor máis innovador tamén na categoría de productos do mar.


Gabinete de Comunicación da Consellería do Mar da Xunta de Galicia