Skip to main content

Rosa Quintana avoga polo traballo conxunto para recuperar cotas de mercado perdidas

A consellería do mar, Rosa Quintana e o presidente de portos de Galicia Jose Manuel Álvarez-Campana visitaron os Concellos de A Pobra do Caramiñal e Riveira e mantiveron un encontro cos seus Alcaldes, así como con representantes de confrarías, de empresas pesqueiras e conserveiras e armadores.

Nos dous encontros Rosa Quíntana escoitou as demandas que lle plantexou o colectivo. A conselleira amosou o seu desexo de consenso e ofreceu a súa vontade de diálogo para “recuperar as cotas de mercado perdidas” porque “Galicia é capaz de producir máis e mellor”.

En Ribeira a conselleira anunciou que o xoves 11 de xuño, na visita que o presidente de Portos realizará ás instalacións portuarias, se determinará o emprazamento da nova lonxa. Rosa Quintana adiantou que reducirá as taxas e os impostos portuarios, una reducción que se incorporará ós orzamentos do próximo ano.

No transcurso da reunión mantida a continuación en A Pobra do Caramiñal Rosa Quíntana manifestou a súa intención de incrementar a producción dos bancos marisqueiros, á que destacou como fonde importante de ingresos, clave para o sector. Pola súa banda os bateeiros deste Concellos solicitáronlle á titular do Mar unhas novas instalacións de despece e construcción de bateas.

Nas dúas xuntanzas puxéronse sobre a mesa diversas cuestións de interese como a regularización das embarcacións e as axudas para os paros da flota son outras das preocupacións en ambos Concellos.

O director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Carlos Maneiro, xa mantivo hai unhas semanas unha primeira reunión con representantes do Ministerio de Medio Ambiente y Medio rural y Marino e lle trasladou a súa preocupación con respecto á adaptación da flota a normativa europea. Rosa Quintana anunciou que en breve haberá unha segunda reunión, esta vez na nosa Comunidade Autónoma, para perfilar medidas alternativas para evitar a desaparición daquelas embarcacións afectadas.

Rosa Quíntana tamén trasladou ó Ministerio de Medio Ambiente y Medio rural y Marino ó seu desexo de que se axilice e se resolva os problemas de axudas polo paro da flota co fin de acadar unha solución ó antes posible.
Gabinete de Comunicación da Consellería do Mar da Xunta de Galicia