Skip to main content

Educación defende a legalidade da consulta aos pais sobre o uso da lingua

Ante o o recurso presentado polo sindicato CIG-Ensino no rexistro xeral da Xunta pedindo a paralización da consulta ás familias sobre o idioma no ensino, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria quere defender a plena legalidade deste proceso que está amparado polos servizos xurídicos da Administración autonómica. De feito, a lei 4/2006 de 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega sinala textualmente no seu limiar que “a participación da cidadanía nos asuntos públicos confórmase hoxe como un elemento fundamental no contexto dun novo modelo de goberno caracterizado pola transparencia e constitue unha encomenda da Constitución”.

Polo demais, a Consellería entende que a alegación relativa á suposta vulneración dun principio (coma os citados de secreto e transparencia) non é suficiente para acordar a nulidade do acto de que se trate. Pola outra banda, en canto a ausencia de consulta á mesa sectorial de educación e a falta de información aos centros, compre sinalar que non require preceptivamentre da mesma, xa que a iniciativa se encadra na xenérica participación democrática dos pais e nais no sistema educativo, que ven a garantir o artigo 27.5 da Constitución Española..

A Consellería deplora as acusacións do secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, que chega ó extremo de acusar ó actual goberno da Xunta de poder manipular o resultado da consulta. Tamén quere desmentir as informacións que só parecen querer confundir á sociedade galega, xa que en ningún caso se desautoriza con este proceso a importante función docente do profesorado.

A Consellería lembra que esta consulta é un compromiso adquirido coa maioría dos galegos nas eleccións do pasado 1 de marzo para ter en conta a opinión das familias na elaboración do próximo decreto sobre o galego no ensino. Por iso, cabe preguntarse se esta organización se sitúa en contra dun exercicio de plena lexitimidade democrática e que se enmarca na recuperación do consenso en torno a lengua. O xuizo deste departamente, a CIG debe dicirlle claramente a opinión pública que se opón ao dereito dos pais a ser encuestados.

Como xa se dixo, a consulta –confidencial, anónima e voluntaria- busca involucrar ós pais no novo marco normativo que debe buscar que os alumnos se formen cun dominio efectivo das dúas lenguas oficiais, ademais dunha terceira lingua como o inglés.

Con este proceso, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria quere recuperar un consenso fundamental perdido na anterior lexislatura e acabar dunha vez coa crispación xurdida co actual decreto que non só pon en perigo a harmonía entre as linguas, senón tamén a propia supervivencia do galego.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia