Skip to main content

Medio Ambiente alerta de que Galicia verase afectada o martes por polvo sahariano

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Rede Galega de Vixilancia da Calidade do Aire, informa de que o martes, día 16, Galicia verase afectada por unha intrusión de partículas de polvo sahariano arrastradas dende o norte de África. Según os modelos de predicción, os niveis de partículas no aire ambiente poderán incrementarse entorno a un 60 por cento sobre os niveis habituais de cada zona.

Non obstante, o departamento que dirixe Agustín Hernández lembra que non se alcanzarán niveis que poidan producir problemas na poboación, xa que os niveis previstos serán de 130 microgramos por metro cúbico, lonxe do nivel de alerta, situado en 350. Esta subida dos valores soamente levará asociada a deposición de partículas finas de polvo no solo.

Para máis información, podese consultar o informe completo da predicción e os valores en tempo real de concentracións de partículas na seguinte dirección:

http://aire.medioambiente.xunta.es/docs/Prediccion_sahariano_20090616.pdf

Esta predicción obtense como resultado do Convenio de colaboración para o Estudio e Avaliación da contaminación atmosférica por material particulado en suspensión, firmado entre a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural eMarino, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas e a Agencia Estatal de Meteoroloxía.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia