Skip to main content

Mar defende unha pesca sostible para garantir o futuro da pescada no Gran Sol

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, aposta por levar a cabo “medidas de conservación que permitan executar accións de sustentabilidade co fin de manter as opcións de pesca en equilibrio cos recursos”. Só unha adecuada xestión garantirá o futuro da flota galega que faena no caladoiro fronte as costas de Gran Bretaña e o sur de Irlanda. A titular de Pesca aposta por “o equilibrio entre aspectos ambientais, sociais e económicos como clave para manter a actividade productiva e comercial”.

Rosa Quintana dixo que o seu departamento é un “firme aliado” dos órganos consultivos europeos vinculados a o sector pesqueiro, xa que considera que o seu diálogo cos ámbitos implicados na explotación do mar é “fundamental para dispoñer de toda a información e experiencia necesaria á hora de adoptar as decisións correctas”. A conselleira fixo estas declaracións na inauguración da reunión do grupo de enfoque do Consello Consultivo Rexional para as Augas Noroccidentais.

Quintana afirmou que Galicia construíu boa parte da súa sociedade pesqueira e da súa historia pesqueira nas augas noroccidentais europeas. “Os mares do Gran Sol, o mar Céltico e as augas de Irlanda foron puntos de apoio para o desenvolvemento de portos como A Coruña e Vigo, Celeiro ou Burela, polo que sentimos como propio ese vínculo co que alí suceda e se decida”. Máis de 180 buques traballan nesas augas, principalmente de A Mariña lucense, A Coruña y Vigo.

Rosa Quintana lembrou que Galicia fixo un enorme esforzo por adecuar a súa flota reducíndoa a dimensións acordes coas dispoñibilidades de recursos pesqueiros nas augas do Norte da Unión Europea. Para a conselleira aínda estamos nese camiño de adaptación para acadar “un equilibrio nos ámbitos sociais e económicos defendendo os intereses dos nosos pescadores”.

É a primeira vez que o Consello Consultivo Rexional para as Augas Noroccidentais (NWWRAC son as súas siglas en inglés) se reúne en Galicia, e o fixo para analizar as implicacións biolóxicas e socioeconómicas que contén a proposta de Regulamento presentada por a Comisión no mes de marzo, sobre un plan para a xestión da pescada no norte. A súa entrada en vigor está prevista para o 1 de xaneiro de 2010. O NWWRAC constitúe o principal órgano consultivo da comisión Europea no ámbito de cuestións relacionadas coa xestión das pesqueiras en augas adxacentes a Irlanda, Reino Unido e Francia.

No seu discurso, a conselleira agradeceu á organización por escoller Galicia para celebrar o evento por “todo o significado que para o noso pais ten o mar e a pesca” e amosou o seu apoio a todos os seus membros xa que “ é un dos Consellos Consultivos Rexionais de Pesca nos que o nosos sector ten depositadas boa parte da defensa e valoración dos seus intereses”.
Gabinete de Comunicación da Consellería do Mar da Xunta de Galicia