Skip to main content

Economía impulsará un fondo de capital risco para os novos emprendedores con discapacidades

O conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra Fernández, comprometeuse co presidente da Asociación de Empresarios Discapacitados de Galicia (AED Galicia), Gerardo Crespo Riestra, a estudar posibles liñas de colaboración que faciliten a actividade económica deste colectivo.

Guerra Fernández apuntou a posibilidade de activar un fondo de capital risco para apoiar a estos emprendedores, despois de que o seu presidente, Crespo Riestra, trasladara á Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia os problemas aos que se enfrontan os asociados de AED para manter a súa actividade empresarial e para acceder a liñas de financiación.

O conselleiro de Economía e Industria trasladou á AED a súa total disponibilidade para estudar e avanzar en liñas de cooperación e colaboración. Este entendemento cos diferentes sectores empresariais galegos é un dos obxectivos fundamentais de Guerra Fernández, quen conta agora cun reforzado e renovado Instituto Galego de Promoción Económica como instrumento para axudar aos emprendedores a continuar investindo en Galicia para manter o seu tecido produtivo.




Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia