Skip to main content

Os consellos reguladores do viño e dos augardentes de Galicia reforzan a colaboración co Goberno galego

O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, xunto coa directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, Alejandra Álvarez de Mon, reuniuse cos representantes da Conferencia de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e da Plataforma Sectorial do Viño de Galicia, así como do Consello Regulador das Denominacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Á reunión asistiron os presidentes dos cinco Consellos Reguladores Vitivinícolas de Galicia, Luis Anxo Rodríguez Vázquez (Ribeiro); Antonio Méndez Atanes (Monterrei); José Ramón Meiriño González (Rías Baixas); José Manuel Rodríguez González (Ribeira Sacra) e José Luis García Pando (Valdeorras).

Así mesmo, tamén participou no encontro Evaristo Rodríguez López, presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Coordinación

A xuntanza serviu para reforzar a colaboración e coordinación entre a Consellería e os consellos reguladores no ámbito da certificación, promoción e divulgación destes produtos de calidade.

O titular do Medio Rural e a directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais escoitaron as propostas e preocupacións dos representantes dos viños e licores amparados por denominacións de orixe en Galicia, e transmitíronlles a plena disposición da Consellería para seguir traballando no futuro a prol destas producións con distintivo de calidade.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia