Skip to main content

O Náutico de Vigo iza a bandeira azul no seu porto deportivo

A cidade de Vigo xa conta coa primeira bandeira azul que se concede a un porto deportivo da súa Ría. O Náutico de Vigo realizou un extraordinario esforzo durante os últimos meses, superando as dificultades propias dunha situación case industrial, conseguindo finalmente reunir as condicións esixidas e dotando a Vigo dun novo sinal de calidade na súa costa.

A terraza superior do Edificio do Porto Deportivo do Náutico acollía o izado da Bandeira, acto ao que asistía a presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, Corina Porro, ademais de Franco Cobas, presidente do club vigués, entre outros membros da súa Xunta Directiva. Todos eles coincidiron en destacar o moito que supón para Vigo contar cun porto deportivo galardoado con esta ecoetiqueta da que benefícianse todos os cidadáns.

O Náutico de Vigo veu desenvolvendo este proxecto despois de recibir, en outubro do ano pasado, as certificacións ISO 9001 e ISO 14001 converténdose no primeiro club náutico galego en posuír un sistema de xestión integrado de medio ambiente e de calidade. A pesar da importante vantaxe que supuxo contar con estas certificacións, o equipo técnico do Náutico atopouse con numerosos obstáculos derivados da situación do porto deportivo nunha cidade de gran actividade industrial como é Vigo.

Sen embargo, un exhaustivo proceso de mellora conseguía obter os 23 aspectos esixidos, en relación a Información e Educación Ambiental, Xestión do Medio Ambiente, Seguridade e Servizos e Calidade da Auga.

Entre as melloras que ha experimentado o porto deportivo do Náutico atópanse, a existencia dun punto limpo, un exhaustivo control de residuos, sistema de seguridade…
Así mesmo, como parte do programa de relación co contorno, outro dos requisitos a cumprir, o Náutico vinculouse co Parque Nacional de las Illas Atlánticas, informado aos cidadáns sobre boas prácticas medioambientais, rutas ás praias, instrucións de navegación, control de fondeos…

O Porto Deportivo do Náutico de Vigo entra a formar parte así da privilexiada lista de portos galardoados, na que pódense encontrar tan só 78 portos españois e 5 galegos.
Real Club Náutico