Skip to main content

Inauguración do curso catequetico 2004-2005: Familia coida da fe

Os materiáis de formación e reflexión que se presentan en Lugo foron elaborardos en coordinacións coas Delegacións de Catequese de Galicia. Baixo o lema Familia: ¡Coida a fe!, o material de reflexión para este curso está orientado á formación de todos aqueles que teñan unha mínima inquietude por vivir a fe coherentemente, nas circunstancias actuais. Este material forma parte da proposta das Delegacións de catequese para os vindeiros tres cursos, e que ten como eixo central motivar e axudar as familias a profundizar na súa fe, a asumir a responsabilidade educadora e a participar na catequese da comunidade cristiá. E para elo propoñen temas de traballo sobre a familia, base da sociedade e ámbito primordial do ser humano, sen a cal é imposible o crecemento harmónico e a maduración das persoas, tanto no aspecto humano como da fe. Os temas  propostos van dende a reflexión da familia na encrucillada do cambio e a desestabilización, a reflexión sobre a súa identidade e vocación, a importancia da familia na educación e na transmisión da fe. Os actos do día comezarán a partires das 10.30 da mañá e serán coordinados por José Pérez Barreiro, Delegado Diocesano de Catequese. Ás 11 presentará o obxectivo e os materiáis para o novo curso e rematará a xornada cunha Eucaristía, presidida polo Bispo diocesano.
Secretaría de Medios de Comunicación Bispado de Lugo