Skip to main content

O secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información recoñece que en Galicia fai falla un maior esforzo para equipararse aos niveis españois e europeos en penetración das Tic

Fai falla un esforzo meirande para que Galicia incremente os niveis de acceso ás Tecnoloxías das comunicacións e da información (TIC) e desenvolvemento de todo o tecido empresarial en torno as novas tecnoloxías, segundo declarou esta mañá Francisco Ros, Secretario de Telecomunicacións e para a sociedade da información durante o encontro profesional que levouse a cabo no Hostal dos Reis Católicos es Santiago de Compostela.
A este encontro, convocado por a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) acudiron ademais dos membros da Xunta Directiva da AETG, representantes da Universidade, das principais empresas tecnolóxicas galegas e institucións políticas relacionadas coas telecomunicacións.
No coloquio, Francisco Ros realizou unha comparativa de Galicia fronte a España, esta fronte Europa e esta fronte a Estados Unidos. Nela, Galicia encóntrase peor situada có resto das comunidades españolas, España de Europa e Europa de Estados Unidos.
Neste sentido, Galicia que supón o 6,4 por cento da poboación nacional, encóntrase moi por debaixo do resto de España en diversos índices de penetración tales como o acceso a Internet das PYMES de máis de 10 empregados nas que tan só un 67 por cento fronte ao 87por cento de Europa e o 94 por cento da OCD; o número de Internautas galegos (27 por cento fronte ao 56 por cento de Europa) e o índice de penetración de acceso a Internet, na que Galicia encóntrase nun 8por cento fronte ao 13 por cento de España e o 14 por cento de Europa.
Tamén repasouse o estado das subvencións dos programas que ofrece esta Secretaría de Estado ás que teñen acceso as empresas dedicadas as TIC e das cales o galegos só solicitamos o 1,49 por cento, moi por debaixo do que corresponde por representación da súa poboación.
Ros tamén mostrou a súa preocupación por o sistemático incumprimento da implantación das ICT (Infraestructuras Comúns de Telecomunicación) nos edificios de nova construcción en Galicia como demostra o estudo realizado por a AETG. Indicou asemade que estas instalacións son moi pouco custosas cando estase a construír unha vivenda e que deberían ser esixidas, como obriga a lei por os axentes que outorgan as licencias de primeira ocupación.
Asemade o Secretario de Estado fixo un chamamento aos inversores para que teñan en conta o sector das TIC como importante e beneficioso

Extensión de Banda Ancha

Francisco Ros subliñou que a implantación da banda ancha cambiará su estratexia baseada na oferta fronte a súa extensión en función da demanda. É dicir incentivarase e financiarase o acceso á banda ancha cando sexa requirido.
Dende a AETG esta medida vese con certo risco para Galicia ao ter a nosa Comunidade unha posición de partida máis atrasada e unha poboación excesivamente diseminada co perigo de quedaren moitas poboacións afastadas da banda ancha, co seu evidente atraso no acceso á Sociedade da Información. Neste sentido a AETG ve como un bo complemento eido os plans da administración autonómica respecto á banda ancha.
Asemade dende as empresas trasladáronse temas á Secretaría de Estado tales como a posibilidade dunha nova baixada de tarifas nas interconexións entre telefonía fixa e móbil, que podería ser estudiada para o seu regulamento ou a posibilidade de centralizar en empresas nacionais a contratación de proxectos postos en marcha dende a administración. Neste último punto a Secretaría de Estado declarou a imposibilidade de obrigar a contratar exclusivamente para estes proxectos a empresas españolas. Aínda así para facer fronte á deslocalización neste eido Ros insistiu en que as empresas españolas e galegas teñen que ofertar máis productos de valor engadido.

Ana Rodríguez e Cristina Manteiga (relaciones con medios AETG/COETG)