Skip to main content

Artesanía de Galicia promove varios Workshop

WORKSHOP THE TEXTIL EXPERIENCE PROCESS

Impartido por Idoia Cuesta e Sara Coleman. Tratarase de desenvolver un espazo de intercambio e experimentación que axude ao alumno a atopar novas canles de expresión e solucións alternativas. Investigar novos procesos e materiais que enriquezan a experiencia e o traballo do alumno. Por último, desenvolveranse técnicas tradicionais de artesanía dunha maneira innovadora y orixinal cunha visión multidisciplinar.
Dirixido a artesáns e deseñadores.

Venres, Sábado e Domingo 11:00 - 14:00 + 16:00 – 20:30
Inscricións en artesaniadegalicia.xunta.es

WORKSHOP DE SOMBREIRERÍA

Obradoiro Complementos téxtiles, sombreirería. Impartido por Viviana Araújo. Neste obradoiro a artesá pontevedresa amosará o seu bo facer aos participantes na confección artesanal de sombreiros, tocados e turbantes, actividade pola cal foi recoñecida como finalista nos Premios Nacionais de Artesanía na categoría Produto no ano 2010.
Dirixido a artesáns e deseñadores.

Venres, Sábado e Domingo 11:00 - 14:00 + 16:00 – 20:30
Inscricións en artesaniadegalicia.xunta.es

WORKSHOP DE DESEÑO E PRODUCIÓN ARTESANAL

Impartido por Javier Alejandre.
Neste taller teórico-práctico daranse as claves na que os profesionais do deseño, arquitectura e outras ramas afíns, se deben de achegar á produción artesanal. Dende o establecemento de métodos de traballo ata a comprensión das necesidades técnicas dos artesáns.
Dirixido a estudantes e titulados en Deseño, Artes ou Arquitectura.

Sábado 16:00 – 20:00
Inscricións en artesaniadegalicia.xunta.es

WORKSHOP DE ECODESEÑO

Impartido por Victoria Pereda.
Taller de sensibilización teórico-práctico para a introdución do deseño sostible no sector artesán, considerando aspectos de creación de valor económico e ambiental e a problemática actual relacionada cos procesos produtivos, a enerxía, os materiais, a contaminación, as substancias tóxicas, as melloras ambientais e a normativa.
Dirixido a artesáns, arquitectos e deseñadores.

Domingo 10:00 –16:00
Inscricións en artesaniadegalicia.xunta.es

WORKSHOP DIÁLOGOS SOBRE A PAISAXE

Diálogo aberto sobre a paisaxe na súa dimensión patrimonial, como recurso económico e como constructor da identidade individual e colectiva.
Participantes: Augusto Pérez Alberti e Paco Castillo (xeógrafos), Manuel Borobio e Cruz Louzao (arquitectos)

Sábado 11:00 – 13:00 Mesa de debate na que se establecerá un diálogo aberto entre os participantes.
Sábado: 16:00 – 18:00 Obradoiro de iniciación á lectura da paisaxe
Dirixido ao público en xeral
Inscricións en artesaniadegalicia.xunta.es
Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño