Skip to main content

A Delegación da Xunta en Lugo felicita o Nadal co Belén de Begonte

O Belén, que vive xa a súa XLIII edición, ten moi recente a súa declaración como Festa de Interese Turístico Galego, e foi visitado a comezos de decembro polo Presidente da Xunta de Galicia, que asímesmo pronuncióu o Pregón do Nadal e abríu oficialmente esta tempada de O NADAL DE BEGONTE.

No Belén estanse a recibir numerosas visitas todos estes días, confirmando un importante incremento en relación con anteriores edicións, froito de xeito especial á resonancia desta declaración, e á visita efectuada polo Presidente da Xunta.

A directiva do Centro cultural José Domínguez Guizán, entidade impulsora do Belén Electrónica, agradece á Delegada Territorial este novo apoio ao Belén e ao Nadal begontino.
Centro Cultural José Domínguez Guizán