Skip to main content

Recepción aos deportistas pontevedreses campións de España de varias competicións

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu a unha ampla representación dos deportistas pontevedreses proclamados campións de España en 2013 - 2014 na categoría absoluta ou previa á absoluta, nas modalidades de piragüismo, loita, remo, tríatlon, taekwondo, tiro e judo.

O titular de Deportes da Xunta felicitou aos protagonistas do acto, que estiveron acompañados por familiares e representantes das sete federacións implicadas, salientando os bos resultados que acadaron na competición nacional e a boa imaxe de Galicia que cos seus logros axudan a trasladar ao exterior.

En total, 166 deportistas da provincia de Pontevedra subiron en 2013 - 2014 ao máis alto do podio nas súas respectivas modalidades deportivas e a Secretaría Xeral para o Deporte quere axudar ao recoñecemento público dos o seus logros mediante a celebración do acto de hoxe e do previsto para mañá pola tarde en Vigo.

O acto de mañá homenaxeará as restantes modalidades nas que Galicia ocupou o primeiro posto, é dicir, a vela, o xadrez, a ximnasia, a hípica, a pesca, o baile deportivo, a aeronáutica, o atletismo, o bádminton, o billar, o ciclismo, o salvamento e socorrismo, os deportes de inverno, o kung-fu, o motociclismo, a natación e o squash.

Deportistas por modalidades

En 2013 - 2014 o remo, o piragüismo e o taekwondo foron as modalidades que acadaron o maior número de campións.

Os deportistas recoñecidos no acto desta tarde foron, en taekwondo: Adrián Alonso Simón, Óscar Arangude Santos, Raúl Bouzas Somoza, Sandra Bouzas Somoza, Katia Calvar Martínez, Jorge Choren Lago, Lía de Araujo Pérez, María Domínguez Ferreira, José Benito Fernández Abalo, Pablo Fernández Eiras, David Fresco Tato, Pablo Fresco Tato, Cristian Gómez Fabello, Susana Iglesias Porrras, Nazaret Licer Crespo, Sabela López Riobó, Ángel López Ventín, Laura Lorenzo Amoedo, Alejandro Losada Garcia, Samuel Meilán Fernández, Gabriel Moral López, Francisco Padín Oliveira, Lua Piñeiro Devesa, Lucía Penín Costas, Yago Pita Ros, Borja Ríos Cortegoso, Manuel Jesus Rodríguez Fernández, Marcos Silva Ángel, Xian Silva Pazos, Ruth Tilve Costas, Adrián Ventín Santos e Andrea Vilas Miranda.

Na disciplina de remo, os campións foron Óscar Alonso Alonso, María del Carmen Alonso Pérez, Álvaro Álvarez Domínguez, Noelia Álvarez Domínguez, Sonia Boubeta Curras, Manuel Caneda Otero, Jennifer Casal Iglesias, Iria Castro Baliño, Daniel Costas Brea, Pilar Darriba Dantas, Javier Domínguez Ozores, Nuria Domínguez Asensio, Antía Domínguez Rodríguez, Félix Duarte Otero, Benigno Fábregas Martínez, Daniel Folgada Álvarez, Mateo Manuel Garrido Triñanes, María Cristina González Álvarez, Jesús González Álvarez, Tatiana González Núñez, María Iglesias Pena, Cristian Lijó Álvarez, María López Ángel, Sara Malvar Leite, Andrea Oubiña Rodríguez, Sergio Pérez Moreno, Pedro Rodríguez Hermo, Adrián Rodríguez Iglesias, Antía Rodríguez Rodríguez, Iris Romero Cancelas, Esmeralda Santos Maceiras, Amalia Solla Cacabelos e Joaquín Triñanes Álvarez.

No caso do piragüismo, os palistas gañadores dun primeiro posto foron: Iván Alonso Lage, Pedro Areal Abreu, Alex Bernárdez González, Manuel Antonio Campos García, Oscar Carrera Amandi, Jennifer Casal Vidal, Adrián Castiñeiras Troans, Raquel Dacosta Piñeiro, Fabián Domínguez Abuín, Jacobo Domínguez Otero, Daniel Durán Escaneo, Miguel Fernández Castro, Adrián Fernández Lameiro, Ramón Ferro Dios, Óscar Graña Blanco, Gabriel Hernández Navarro, Rebecca Laurijssen Busto, Emilio Merchán Alonso, Rubén Millán Rodríguez, Camila Aldana Morison Rey, Carla Pérez Coya, Diego Piña Esteves, Leticia Piña Esteves, Andrea Fátima Porteiro Ocampo, Roi Rodríguez Huertas, Roberto Rodriguez Lechuga, Victor Javier Rodríguez Rodríguez, Raquel Rodriguez Rodriguez, Diego Romero Fraga, Valeria Romero Gómez, Adrián Sieiro Barreiro, Sergio Vallejo Esperón e Ana Varela Iglesias.

No que respecta á loita, os méritos recaeron en Cristina Alves Pereira, Laura Fabiola Covelo Rojas, Juan de Jesús Machado, Noelia Lalín Canda e Lydia Pérez Touriño. En tiro olímpico, en Jose Ángel García Otero; en judo, en Tecla María Cadilla Acevedo, e, finlamente, no caso do triatlón, en Jesús Gomar García, Javier Gómez Noya, Nan Oliveras Font, Susana Rodríguez Gacio e Gustavo Rodríguez Iglesias.

Galicia na alta competición, no presente e no futuro

No transcurso do acto, Lete Lasa agradeceu en nome de toda Galicia a contribución destes deportistas ao desenvolvemento do país, posto que eles son os auténticos protagonistas do deporte, unha actividade que favorece moi directamente a educación, a saúde, a cohesión social, a cultura e a economía. Agradeceulles especialmente que actúen como espello para as xeracións máis novas, promovendo os hábitos de vida saudables e favorecendo que a alta competición en Galicia manteña no futuro a súa actual puxanza.

Neste sentido, lembrou o apoio da Xunta aos deportistas, con 337 recoñecidos no alto nivel (DGAN), máis de 100 equipos de alta competición patrocinados directamente, e máis de 1.000 equipos de base apoiados, ao que cómpre engadir as instalacións de referencia no eido da tecnificación e o alto nivel que o Goberno galego pon a disposición dos deportistas.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia