Skip to main content

O Partido Galeguista no Día da Muller Traballadora

Por elo, o colectivo de mulleres do Partido Galeguista, por sermos mulleres e galegas,
utilizamos a palabra para tentar de reivindicar por enésima vez os nosos dereitos. Como punto de partida queremos deixar claro que polo mero feito de sermos mulleres non somos distintas, aínda que sí é evidente que somos diferentes sen deixar de sermos iguais. E somos iguais cando falamos de dereitos inalienables coma seres humanos. A muller galega -coma o home- ten implícitamente o dereito a desempeñar un TRABALLO DIGNO, e a vez a SER REMUNERADA DO MESMO XEITO QUE O HOME: a igual traballo igual salario. Polo de agora, a pesares da loita mantida durante mais de un século, a xusta reivindicación queda no papel, en mera teoría e non na realidade da práctica en calquera eido laboral que se
analice. No Século XXI -falando do primeiro mundo, o que se supón mais adiantado e máis igualitario- a maior parte das mulleres traballadoras, polo desempeño do mesmo traballo en comparanza con un home, sempre percibe menos salario. Abraiantemente en algúns casos áta un 50% menos de salario. Chegar a cobrar un 20% menos na nómina é unha cousa ate o de agora considerada normal. Polo antedito, esta desigualdade é unha das primeiras reivindicacións das mulleres do PARTIDO GALEGUISTA. Unha reivindicación A QUE TEMOS DEREITO SEN MAIS e que ten que estar convenientemente recollida dentro das leis do
Estado e da nosa Comunidade Autónoma. No DÍA MUNDIAL DA MULLER TRABALLADORA, lembrando o sacrificio daquelas que deron a súa vida por conseguiren unha dignidade laboral que ata hoxendía non conquerimos na súa totalidade, comprometémonos dende o Partido Galeguista a loitar políticamente áta facer realidade -dunha vez por todas- os dereitos da muller traballadora en Galicia, onde polo de agora caseque imos a cabeza da desigualdade neste eido con respecto o resto do Estado e dos diferentes países da Comunidade Europea. As mulleres do PARTIDO GALEGUISTA, comprometémonos firmemente a desterrar para sempre a violencia laboral que padecen moitas mulleres no noso país,
víctimas dunha sociedade patriarcal e machista, ancorada noutrora e de costas a recoñecer que a muller non é un ser inferior senón que homes é mulleres somos iguais e temos os mesmos dereitos, algo que imos facer -son somentes Ley- senón REALIDADE. Xa que falamos de violencia, non podemos esquecer nesta data de conmemoración, a outra terrible lacra que padecen as mulleres de calquera étnia e estatus social: A VIOLENCIA DE XÉNERO, que ate o día 16 de Febreiro, cobrouse no que va de ano 2005 NOVE MULLERES, VÍCTIMAS DUN HOME VIOLENTO E CON INSTINTOS ASASIÑOS., a pesares das ordes de alonxamento e outras medidas que polo de agora non veñen dando uns resultados efectivos. Unha violencia
machista que sempre remata en morte. Unha violencia que non respecta nin siquera as menores, as nenas, xa que -repasando un recente estudo feito polo míudo sobre do maltrato ÁS MENORES en España -fálase de cifras abraiantes: DÚAS de cada DEZ nenas sufren violenza e abusos sexuais no eido familiar. ¡E seguimos a falar do primeiro mundo¡
Dende o PARTIDO GALEGUISTA, homes e mulleres, comprometemos a nosa PALABRA en cambiar as cousas. Comprometemos a nosa PALABRA en poñer por enriba de todo a dignidade da muller. A loitar cóbado con cóbado polos dereitos inalienables das mulleres e as nenas en todos os eidos das vida cotiá. Unidas as nosas forzas a prol de conquerir a IGUALDADE da muller e o home, apostando por unha educación encamiñada a inculcar nos xoves e nenos, que todos somos IGUAIS e temos OS MESMOS DEREITOS. Pero queremos algo mais, que a nós parécenos moi importante. Nesta data do 8 de Marzo, DIA MUNDIAL DA MULLER TRABALLADORA, o PARTIDO GALEGUISTA, quere rendir unha homenaxe a todas as MULLERES GALEGAS, que dende séculos están a facer patria en Europa. Hoxe, coa Unidade dos Estados europeos, a nosa forza política non pode esquecer que o Vello Continente dende hai moito tempo ten raíces galegas, gracias as mulleres do noso país que hoxe son nais, avoas e parentes consanguíneos de cidadás franceses, ingleses, holandeses, suizos, alemáns, e un longo etcétera, por mor de ter padecido a emigración nas súas vidas, abandonando os seus lugares de orixe en Galicia, para facer PATRIA E BANDEIRA en Europa, traballando e contribuindo a engrandecer cada ún dos países onde recalaron. Vaia para elas - QUE FORON AS PRIMEIRAS CIDADÁS GALEGAS NA EUROPA UNIDA- o noso agradecemento
eterno polo seu sacrificio tamén e especialmente nesta data adicada a MULLER TRABALLADORA. Por todo o antedito e polo futuro do mundo, dentro da IGUALDADE, O
PARTIDO GALEGUISTA comprométese dende agora mesmo, a loitar por facer realidade os
DEREITOS DA MULLER, dende as tribunas políticas do país Galego e do Estado Español.
Secretaría de Comunicación - Partido Galeguista