Skip to main content

Galicia, presente na 60ª reunión do Consello Económico e Social da ONU, na cidade de Nova York (USA)

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella participou na sede da Organización das Nacións Unidas, en Nova York, nunha reunión do Consello Económico e Social onde se analizaron diversos traballos levados a cabo por representantes de diversas delegacións e organizacións non gobernamentais.

Susana López Abella asistiu á 60ª Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller onde levouse a cabo un seguimento da IV Conferencia Mundial sobre a Muller e do XXIII período de sesións da Asemblea Xeral: “A muller no ano 2000. Igualdade entre xéneros, desenvolvemento e paz no século XXI”.

Na mesma liña, levouse a cabo un exame e avaliación da aplicación da Declaración e Plataforma de acción de Beijing para o logro da Igualdade entre xéneros e o empoderamento da muller así como as oportunidades para fortalecer a igualdade e o empoderamento na axenda para o desenvolvemento despois do 2015 mediante a integración da perspectiva de xénero.

Así, foron creadas varias mesas redondas onde se analizaron, entre outras cuestións as prioridades para a adopción de futuras medidas destinadas a facer realidade a igualdade entre xéneros, o empoderamento das mulleres e os dereitos humanos das mulleres e nenas, e os mecanismos nacionais postos en marcha en prol da igualdade entre xénero.

Outro dos puntos tratados nesta reunión na ONU, foron as novas cuestións e tendencias respecto aos problemas que afectan á situación da muller ou a igualdade entre muller e home, ademais da incorporación da perspectiva de xénero, situacións e cuestións programáticas, como a situación da muller palestina e a súa asistencia por parte do Organismo Internacional; a violencia contra a muller e establecemento dun fondo para apoiar medidas destinadas a eliminar a violencia contra a muller; e a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia